Atendemos todo tipo de tratamentos do pé
Profesionalidade garantizada
Podoloxía xeral
Engloba o corte de uñas e limpeza de canles ungueales e eliminación de durezas e calosidades, un dos motivos de consulta máis frecuentes. Tamén levamos a cabo revisións e controis preventivos de patoloxías. Outros servizos son os tratamentos de patoloxías de uñas (engrosadas, encarnadas, onicomicosis...) e de patoloxías dérmicas ( papilomas, verrugas plantares e fungos son as máis comúns)
Biomecánica
Un estudo biomecánico completo é esencial para o diagnóstico e o posterior tratamento das afeccións que poden derivar de posibles patoloxías do sistema músculo esquelético.
Para iso contamos cun equipo dixital que consta dun banco de marcha de tres metros (para estudo en estática e dinámica), con cámaras internas que envían a información a un computador transformando a pegada dixitalmente e dándonos unha información máis completa da mesma.
Tamén hai unha cámara externa para a observación do pé e o membro inferior podendo facer capturas en dinámica e analizar cada fase da pisada.
Ortopodoloxía
Consiste no deseño e a confección de ortesis plantares adaptadas a cada paciente. Tras un completo estudo biomecánico determinaremos se é necesario o uso de ortesis plantares e cal será o obxectivo das mesmas: prevención de lesións, descarga, amortiguación, corrección...
Segundo o paciente, a súa idade ou a súa patoloxía, entre outros aspectos, adaptaremos a ortesis cos elementos necesarios para que cumpra a súa función.
Faremos unha toma de moldes do pé para axustarnos á morfoloxía do pé do paciente e sobre este realizaremos as plantillas con distintos materiais en función das necesidades.
Dentro da ortopodología na nosa clinica de podoloxía en Ourense tamén confeccionamos prótese de silicona adaptadas a cada paciente.
Podoloxía pediátrica
Esta etapa da vida é especialmente importante porque nela podemos previr futuras lesións e patoloxías no adulto.
Os profesionais que formamos Cempés recomendamos realizar revisións anuais para observar a evolución do paciente a través dunha comparativa de estudos biomecánicos. Unha das patoloxías infecciosas máis comúns na etapa infantil é a verruga plantar ou papiloma.
Na nosa clínica de podoloxía en Ourense ofrecemos unha atención delicada e coidadosa cos pacientes máis pequenos, xa que en moitas ocasións poden acudir con medo, tratando de explicarlles a cada momento o que imos facer e así, gañarnos a súa confianza.
Podoloxía xeriátrica
Os pacientes de idade máis avanzada son susceptibles de requirir tratamentos podológicos debido a que os pés son os encargados de transportarnos e soportar o peso do corpo.
Ademais, o paso dos anos xera cambios estruturais e fisiolóxicos tanto no pé como no resto do corpo. Algúns deses cambios son a perda de graxa plantar facendo que diminúa a amortiguación e por iso aparecen con frecuencia metatatarsalgias e talalgias.
Outro cambio moi común é a deshidratación da pel e as uñas engraxadas. É por todo isto que o obxectivo primordial dos profesionais que traballamos en Cempés é mellorar a funcionalidade do pé e, con iso, achegar o máximo benestar posible ao paciente.